Cadrado máxico:
Elixe co ratón os números da táboa de abaixo de xeito que a suma en vertical e horizontal sexa a do número de enriba do chapeu.
Natureza (F20):
Xogo para dúas persoas. Responde as preguntas sobre o corpo humano ou os animais e avanza no teu coche de carreiras. 
Tibao (o flamenco voador):.
Vai recollendo o número correcto da operación que tes arriba (en función do nivel). Move co rato. 
 
Voo por combustible:
Recolle combustible para sumar as unidades que aparecen arriba sen pasarse e dispara ás que non queiras.
Países de Europa (crebacabezas):
Encaixa as pezas do crebacabezas dos países europeos ata encher o mapa.
Colle 10:

Elixe dous bechos cuxa suma sexa 10, depois pulsa o botón vermello "next".

Climántica:
Crea e xestiona un territorio. Xogo de preguntas e respostas sobre o coidado do planeta, e como evitar o cambio climático.
5 e un pouco:
Pon o resultado da suma que tes arriba e verás que lle pasa ó ogro. Pódeste axudar das bolas vermellas e verdes para contar. (5-8 anos)
Ordena as nubes:
Elixe unha gama de números. Le a secuencia de números contida nas nubes e ordena de menor a maior, coma nas caixas. (5-8 anos)
Provincias de Galicia (crebacabezas):
Vai colocando a figura do relevo correspondente á provincia no lugar axeitado. 
A fada:.
A fada quere entrar na casa, recolle a chave resultante de engadir 9 ao número que tes na porta. Súmalle 10 e réstalle 1.  (5-8 anos)
Especiais brincos espaciais: 
Primeiro situate na rampa de lanzamento (10) restando as unidades. Posteriormente pos as unidades correspondente a suma de arriba.
Dragal I (A fraternidade do dragón):
14 xogos diferentes sobre o libro a fraternidade do dragón da triloxia Dragal escrita en galego. 
Submarinos:.
Xogo para dúas persoas. Dispara o torpedo restándolle 10 ao número que aparece arriba. (5-8 anos)
Provincias españolas (crebacabezas) :.
Encaixa as pezas do crebacabezas das provincias de España ata completar o mapa..
Powerpool (billar): 
Vai metendo as bolas vermellas nos buratos da mesa. Manexa o ratón para darlle a forza e o ángulo axeitado.
 
Tibao (flipado)
Vai levantando o voo do flamenco usando o botón esquerdo do rato para non esnaquizarte.
O que non mata engorda:.
Hai dez probas e para resolver cada unha delas terás dez segundos. En cada paso móstrase unha definición e hai que escoller entre tres palabras.
Os números da quenlla: 
Tes 3 xogos: Ordenar os nímeros de menor a maior; escoitar os números en inglés e elexilo; contar os cadrados e elexir unha das 3 opcións (co teclado).
 
A ver se dás (linguas I):.
Hai dez probas e para cada unha dispós de quince segundos. O xogo consiste en escoller a definición que corresponde á palabra proposta.