Xirarei
Canto máis te vexo máis me atroxo
e co xeito do teu corpo
vas facendo que me sinta
máis coitado que un rapaz.
Téñolle máis medo ós teus ollos
feiticeiros que ó nubrado
dunha noite de meigallos
chea de agoiros do mar.
E pra namorarte
Xirarei!
Xirarei como a roda do muiño.
Xirarei nas túas augas de muller.
Xirarei un por un os teus camiños.
pra namorarte xirarei e xirarei!.
Xirarei como ti digas e queiras
pra buscarche a beirada xirarei!.
E ben sei que coa miña toleira.
Namorareite xirarei e xirarei!
Eres como a pomba viaxeira
que voando vas na feira
das mentiras e verdades
e non sabes onde vas.
Canto máis te vexo máis me atroxo
e co demo do teu corpo
vas facendo que me sinta
máis coitado que un rapaz.
E pra namorarte
Xirarei!
Xirarei como a roda do muiño.
Xirarei nas túas augas de muller.
Xirarei un por un os teus camiños.
pra namorarte xirarei e xirarei!.
Xirarei como ti digas e queiras
pra buscarche a beirada xirarei!
E ben sei que coa miña toleira.
Namorareite xirarei e xirarei!
Xirarei como a roda do muiño.
Xirarei nas túas augas de muller.
Xirarei un por un os teus camiños.
pra namorarte xirarei e xirarei!
pra namorarte xirarei e xirarei!.
|