Sementeira

 

Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.
 
Un meniño reboldeiro
que fale na lingua nai,
que suba ós pexegueiros,
a froita verde roubar.
 
Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar
 
Un vello que de consellos
un rostro de fume e pan
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.
 
Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar
 
Un cantar de redención,
un vello e novo cantar,
que toque a desolación
nun limpo e craro alborear.

 
Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar
 
Logo, deixáime morrer,
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfamiados.
 
Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar