Samurai Champloo

Serie de anime dirixida por Shinichirō Watanabe, famoso por Cowboy Bebop. A serie ambiéntase nunha versión ficticia do Período Edo, mesturando elementos reais da época con elementos modernos como o hip-hop. O termo "champloo" vén dunha palabra do dialecto de Okinawa, "Champuruu" que significa "mesturar".
Fuu, unha moza de 15 anos, traballaba nunha casa de té ata que foi destruída por unha violenta pelexa a tres bandas entre Mugen, o vagabundo, Jin, o samurai errante, e os gardacostas do fillo do Daikan dese pobo. Ó final do combate Mugen e Jin son arrestados para seren executados no día seguinte. Fuu tenta facer un trato con estes dous fulanos, axudaralles a fuxir se en troques, axúdana a atopar ó samurai que recende ós xirasois. As cousas non serán tan doadas, xa que Mugen e Jin están sempre tentando acabar o un co outro, unha rivalidade eterna case profesional. Ambos samurais teñen un pasado borroso; Mugen, de ascendencia pirata chama a atención coa súa vestimenta e o seu estraño xeito de pelexar. Jin, samurai silencioso e de mirada fría, de poucas palabras, é acosado varias veces por todos por distintos samurais da rexión, na súa viaxe cara a Nagasaki. Ex alumnos do dōjō do que el procede, sítianlle tratando de o eliminar, debido á súa reputación e á historia que lle precede.
 

 Non é axeitado para menores de 12 anos

 

Capítulo 1                                                                      

Capítulo 2                                                             

Capítulo 3 

Capítulo 4 

Capítulo 5  Capítulo 6 
Capítulo 7 Capítulo 8
Capítulo 9    

Baixar serie