Pulga e Xigante

Cansada de facer todos os días o mesmo, Pulga decide coñecer mundo. Na súa viaxe cruzará desertos, bosques, montañas, chairas inmensas… fuxirá de perigos terribles e vivirá aventuras emocionantes. Ese mesmo día, e á mesma hora, o Xigante que estaba tan tranquilo, de súpeto, comeza a sentir un proído nos pés, logo nas pernas, nas costas… Entón, á súa nai parécelle ver… unha pulga?