Prefiro bailar twist

Que duro é para min erguerme cedo cada mañá,
chegar á escola tamén saudar algún paspán.
O meu mestre avisou: Lonxe nunca chegarás!
 
Non quero ver TV, nin en concursos participar;
Picapedra, Son Goku e o Gran Suxi vanme tolear.
A miña nai avisou: Rapaz ti acabas mal!
 
Non, non, non quero ter
a estraña sensación
de ser espectador
dunha televisión.
 
Prefiro bailar twist
aínda que isto sexa un rock!
 
Agora vivo mellor, camiño libre sen preocupación;
nin cómics, nin tele verás na miña habitación.
Tan só penso en bailar fandangos, twist ou rock and roll!
 
Non, non, non quero ter
a estraña sensación
de ser espectador
dunha televisión.
 
Prefiro bailar twist
aínda que isto sexa un rock!
 
Twist, twist e rock and roll
bailar, éche o mellor
non quero ver acción
sentado nun sillón.
 
Prefiro bailar twist
aínda que isto sexa un rock!