pousa pousa

 
 
Fun á taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire:(x2)
e como é cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento. (x2)
 
 E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa,
e pousa, pousa axiña,
e non me toques naquela cousiña. (x2)
 
 Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas: (x2)
eso é verdá, eu non o nego,
que eu andiven a loitas co crego. (x2)
 
 E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa, 
e pousa, pousa axiña,
e non me toques naquela cousiña. (x2)
 
Cando me case xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo; (x2)
cando me case xa teño un polo,
xa miña nai non me ten que dar todo. (x2)
 
 E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa,
e pousa, pousa axiña,
e non me toques naquela cousiña. (x2)