Pasodoble galego

 
Quixera cantar en homenaxe
ós que están lonxe desta nación
que os veu nacer e que un día
coa alma ferida outros fieiros 
tiveron que coller.
Levo moi dentro a imaxe aquela
dunha mociña da emigración
aquela noite en terra estraña
solicitoume con toda emoción:
 
Cántame un pasodoble galego
cos airiños do noso país,
eses aires da miña terriña
da que lonxe xa non sei vivir.
 
Cántame un pasodoble galego
pois morrendo estou de soedá.
Cántame un pasodoble galego,
cántame un pasodoble da terra
que me traia lembranza do lar.
 
Polo mundo adiante fun un día
coa equipaxe da miña voz
e do meu cantar na miña lingua.
Canteilles sempre ós que da terra 
tiveron que emigrar.
Levo moi dentro a imaxe aquela
dunha mociña da emigración
aquela noite en terra estraña
solicitoume chorando de emoción:
 
Cántame un pasodoble galego
cos airiños do noso país,
eses aires da miña terriña
da que lonxe xa non sei vivir.
 
Cántame un pasodoble galego
pois morrendo estou de soedá.
Cántame un pasodoble galego,
cántame un pasodoble da terra
que me traia lembranza do lar. Bis