![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Os Bolechas One2Three
Serie da Televisión de Galicia para aprender as primeiras nocións de inglés da forma máis divertida e cos personaxes máis queridos das nenas e nenos galegos. Cada capítulo desenvólvese arredor dunha temática sobre a que xira tanto a clase de inglés dos Bolechas como a canción da sección “Sing with me” e o desafío final, “ABC”, que permite aos personaxes da serie, e tamén aos cativos, poñer a proba o aprendido.
