![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Os Axóuxeres
“Os Axóuxeres” son unha familia divertida de monecos que vive encol dunha mesa no dormitorio dun neno e que está formada polos pais (Lúa e Antón), tres fillos (Iria, Xan e Pelouro), un amigo dos rapaces (Moncho) e R01 (Roi), un extraterrestre acabado de chegar á Terra.
Esta serie forma parte dun programa multiplataforma para dinamizar a lingua galega entre as familias con nenos de 0 a 6 anos de idade e fomentar a creatividade dos rapaces en galego.