Onde vas rapaz?

 
¿E onde vas rapaz?
Pregunta a miña nai
cando marcho da casa
sen ve-la televisión
 
¿E onde vas rapaz?
Pregunta o profesor
cando marcho da clase
sen dar explicación
 
¿E onde vas rapaz?
Pregunta o meu pai
cando saio pola porta
co meu amplificador.
 
E tódolos veciños 
andan a preguntar:
¿E onde vas rapaz?
 
Eu vou para o local
hoxe teño que berrar
só penso en esquecer
as vosas caras de pailáns
 
No inverno a depresión
cúrase con distorsión
No inverno a tristura
cúrase con Rock&Roll
 
A min tanto me ten
o que pensen os demais
Eu fago ruido 
só para molestar
 
Non penso responder
cando volvades preguntar
¿E onde vas rapaz?
 
¿E onde vas rapaz?
Sempre a mesma canción
eu só quero decibelios
eu so quero rock&roll
 
Teño todo o dereito
a ter esta depresión
Aínda que o meu pai
di que non é bo
 
¿E onde vas rapaz?
Sempre a mesma canción
eu só penso na desfeita
eu so quero destrucción
 
O ruido afoga
os berros do meu pai
"¡Para quiero neno, 
iso non se fai!"
 
¿E onde vas rapaz?
Pregunta o meu irmán
que tampouco comprende
a miña angustia vital
 
¿E onde vas rapaz?
Pregunta o municipal
cando o meu carro de bolas
corre a máis non dar
´
¿E onde vas rapaz?
¿E onde vas rapaz?
¿Non poden preguntar
algo máis orixinal?
 
Non penso responder
cando volvades preguntar
¿E onde vas rapaz?
 
Ás veces pregúntome 
¿Que vou facer
con nada que gañar
e todo que perder?
 
Ás veces pregúntome 
¿Que vou facer?
Se de vello son coma vos,
é mellor morrer
 
Ás veces, ás veces
xa non podo máis
O volume da guitarra
está a punto de estoupar
 
Non o penso baixar
nin vos oio preguntar
¿Onde vas rapaz?
 
¿E onde vas rapaz?
Sempre a mesma canción
eu só quero decibelios
eu so quero rock&roll
 
Teño todo o dereito
a ter esta depresión
Aínda que o meu pai
di que non é bo
 
¿E onde vas rapaz?
Sempre a mesma canción
eu só penso na desfeita
eu so quero destrucción
 
O ruido afoga
os berros do meu pai
"¡Para quiero neno, 
iso non se fai!"