O cuco

O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón
 
Oise pola carballeira
Ó vello cuco souril
Ó nacer a primaveira
Antre o marzo i o abril.
 
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón.
 
¡o vello cuco cucou
E moito máis cucará!
O cuco non me capou
E nunca me capará!
 
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón.
 
Polas mañás ben cediño
O cuco canta: cu- cu.
Como o teño por veciño
Eu trato o cuco de tu!
 
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón