Non todo é o que parece

Eu coñecinte nun bar
cando estabas a bailar.
Si, si, coñecíchesme nun bar.
 
Acompañeite ó portal
e me invitaches a entrar.
Si, si, viñeches ó meu portal.
 
E logo me abalancei
e te biquei con paixón.
E che din un empurrón
e no chan te deixei.
 
Non, non,
non todo é o que parece amigo,
hai que pensalo moi ben.
 
Ai, ai,
ás veces mete-la pata tío
e todo sae ó revés.
 
Inviteite a comer
a un restaurante francés.
Si, si, invitachesme a comer.
 
E gastei un diñeiral
e brindamos con champán.
Si, si, tomamos moito champán.
 
E logo quixen probar
a suavidade da túa pel.
E enriba che tirei
a botella de champán.
 
Non, non,
non todo é o que parece amigo,
hai que pensalo moi ben.
 
Ai, ai,
ás veces mete-la pata tío
e todo sae ó revés.
 
E logo che regalei
un perfume de Chanel.
E eu ó chan o tirei
pois non me gusta ulir ben.
 
Non, non,
non todo é o que parece amigo,
hai que pensalo moi ben.
 
Ai, ai,
ás veces mete-la pata tío
e todo sae ó revés.
 
Non, non,
non todo é o que parece amigo,
hai que pensalo moi ben.
 
Ai, ai,
ás veces mete-la pata tío
e todo sae ó revés.