Non cho creo, Pepe

Eu fun a Ría de Arousa
a pasear(e) nun barco,
érache do meu amigo, 
non sabía que era narco.
 
Non cho creo Pepe, 
non cho creo, non(he), 
non cho creo Pepe, 
que es un mentirón(he).
 
Indo no iate prá Illa
barei no medio do mar(e),
agora dime amiguiño
canta crema che hei untar(e).
 
Non cho creo Pepe, 
non cho creo, non(he), 
non cho creo Pepe, 
que es un mentirón(he).
 
Indo eu a non sei onde,
vendo eu a non sei quen(he),
na porta de xa me entendes,
só lembro que había neve.
 
Non cho creo Pepe, 
non cho creo, non(he), 
non cho creo Pepe, 
que es un mentirón(he).
 
Eu son un tipo sincero
de corazón bondadoso,
eu traballo por Galicia
non pros amigos raposos.
 
Non cho creo Pepe, 
non cho creo, non(he), 
non cho creo Pepe, 
que es un mentirón(he).
 
Aquí remata a historia,
moi boas noites señores,
eles mexan por nosoutros, 
os xornais dinnos que chove.
 
Non cho creo Pepe, 
non cho creo, non(he), 
non cho creo Pepe, 
que es un mentirón(he).