Miudiño-traio unha borracheira (Mix)

Éche un andar miudiño, 
miudiño, miudiño,
miudiño, miudiño, 
o que eu traio. (x2)
 
 Eu traio unha borracheira
de viño, que auga non debo mirar.
Mira, Maruxiña;
mira, como eu veño.
veño, veño, veño, veño ....
...
Fun á taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire:(x2)
e como é cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento. (x2)
 
 E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa,
e pousa, pousa axiña,
e non me toques naquela cousiña. (x2)
 
Naquela cousiña, naquela cousiña, naquela cousiña,...