Meu o mundo é


Que bonito poder dicir:
que fermoso sae o sol
esta mañán para ti.
 
Que bonito poder sentir
a ledicia, a  morriña,
escachar a rir!
 
Que bonito poder falar
con agarimo a un amigo,
dar un bico á túa nai.
 
Que festeiro aturuxar,
cando danzas na punteira
e un gaiteiro está a tocar.
 
En Galego falo
en Galego sinto
en Galego canto
sabes que non minto!
En Galego  todo podo facer,
en Galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!
 
En Galego leo
en Galego escribo
en Galego bailo
sabes que non minto!
En Galego  todo podo facer,
en Galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!
 
Que fachenda poder viaxar
en carrilana, e despois
unha feira visitar.
 
Que bonito o respirar
o recendo dunha xesta,
escoitar o mar!.
 
Que sorte poder contar
teño dedas, teño unllas,
teño dúas mans!
 
Que bonito poder xogar,
ver voar un papaventos,
abanéome nun bambán.
 
En Galego falo
en Galego sinto
en Galego canto
sabes que non minto!
En Galego  todo podo facer,
en Galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!
 
En Galego leo
en Galego escribo
en Galego bailo
sabes que non minto!
En Galego  todo podo facer,
en Galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!
 
En Galego falo
en Galego sinto
en Galego canto
sabes que non minto!
En Galego  todo podo facer,
en Galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!
 
En Galego leo
en Galego escribo
en Galego bailo
sabes que non minto!
En Galego  todo podo facer,
en Galego estou no mundo,
en galego estou no mundo
meu o mundo é
MEU O MUNDO É!
.