Je Veux

 
 
Que nos pensas ofrecer pra nos mercar 
Que nos pensas inxectar pra nos parar 
que nos pensas regalar que nos vas a dar 
papara papapará 
 
Quero ver a onde camiña a integridade 
No camiño depresivo desta necidade 
Non hai vento que o derribe, onda no mar 
Papara papapará 
 
Correr, pensar, fuxir e non regresar  
Tocar coas mans a liberdade  
e non mirar xamais cara atrás 
Romper, medrar, amar e non renunciar 
A ser feliz seguir a soñar  
morrer co corazón entre as mans 
 
Quero ver como respiran as nosas vidas 
Sen o filtro azulado da súa desidia 
Coa miña lingua lamberme as feridas 
 
E non deixar de rebelarme e actuar 
Tomar partido, facer ruído pensando en plural 
Queimar o circo das mentiras co meu cantar 
Papara papapará 
 
Correr, pensar, fuxir e non regresar  
Tocar coas mans a liberdade  
e non mirar xamais cara atrás 
Romper, medrar, amar e non renunciar 
A ser feliz seguir a soñar  
morrer co corazón entre as mans (x3)