Intro Shin Chan

 

 

Sonche falangueiro,
descarado, e bo larpeiro,
deixo a todos quedar mal.
 
Shinnosuke é un bule-bule,
pra enredar el éche o tal. 
 
cando hai que conquistar
aí si que non teño par,
e facendo as beiras son
moi lanzado e picarón.
 
C´amon baby, c´amon baby,
os pementos que noxo dan!.
Mira que trompa,
que cacho trompa.
 
Trompa!, trompa!
E todos saben 
que son Shin Chan!.
 
Medo ten a xente
cando me ve de repente,
non se vai zafar ninguén.
 
Se quedas comigo
ímolo pasar moi ben e ...
verás que eu son especial!.