Frederick

Unha familia de ratos recolle provisións e todos traballan, agás  Frederick, que aparentemente non fai nada. Pero sen que os demais o saiban, el tamén se  aprovisiona: raios de sol, cores, palabras… Cando chega o inverno, os seus compañeiros recoñecen que a súa misión poética fora esencial para que os ratos soportasen mellor a crueza da estación invernal. E dese xeito  Frederick é aceptado tal e como é.