Ferti Món

Fresei, esterquei, purín botei e 8-24-16.
Botei kennebeck e baraka tamén, ai Deus!
e nada apañei.

-Eu xa te avisei. Agora estache ben. Vas tomar polo cu!
-Xa o dixo Pemán cando has sementar. Vas tomar polo cu!

Pero que me ves dicindo,oh! se nunca tal che me pasou.
Foi o abona o que mas matou. Ai cala Ramón!,
Ou, ou, ou ou, castrón, ou, ou, ou, ou. 

Apuntar mal o mineral, ai Deus!, isto é o que trae.
Xa cheira mal, cheira a torrao, ai Deus!, fóiseme a mao.

-Eu xa te avisei. Agora estache ben. Vas tomar polo cu!
-Xa o dixo teu pai canto hai que botar. Vas tomar polo cu!

A que me ves co Fertimón se nunca tal che me pasou.
Foi o abona o que mas matou. Ai cala Ramón!,
Ou, ou, ou ou,

castrón, ou, ou, ou, ou. 

Agora dan ganas de chorar.
Non sei que vou facer de min.
Vounas ter que ir comprar.
- O Continente ten parking.
Agora dan ganas de chorar.
Vounas ter que ir comprar.
O Mercadona ten parking.