Eu vendimarei

 
Tódalas uvas teño que apañar
E pola prensa téñoas que pasar
E cando fermente o viño todo, eu o probarei
Vai ser moi bo e nada pelexón
E vai dar gusto emborracharse del
E cando fermente o viño todo, eu o probarei
 
Éche un vicio xa de toda vida o tinto
Tamén o branco está moi bo pero é distinto.
O día do patrón hai moita
 xente e bebo branco, e a ti váleche ben ou
por respecto non o tiras.
Cun pouco de tortilla vanse baixando botellas,
 bebemos un pipote en horas.
E vaste emborrachando e o viño se termina
sen eu velo.
Acabaches co que había, e non teño branco
para tomar eu outro día.
Isto non se entende,
as uvas ninguén veu collelas na vendima.
E non será por non chamarte, pero non te prestas.
Só te apuntas  para as festas.
Ti o tema do traballo non o vives.
Xa non digo sempre, para axudar no choio un día.
Da igual se a sulfatar, ou para calquera tontería,
como a prensa.
Pero non queres, ben o sei, contigo non podo contar.
E fago eu cada fase
 
Eu vendimarei,
Tódalas uvas teño que apañar
E pola prensa téñoas que pasar
E cando fermente o viño todo, eu o probarei
Vai ser moi bo e nada pelexón
E vai dar gusto emborracharse del
E cando fermente o viño todo, eu o probarei
 
Uhuhuhuhuhuhuh
Wooooo…
Ieeeeeee…
Toda a colleita embotellada…
 
Pero que "mierda" cantas,
pareces de operación triunfo
Carallo
Seeeheeee
Cala a boca
 
E cando fermente o viño todo, eu o probareiiiiiiii.