Impotencia

 
 
 
Cando o mellor que podes facer,é non facer nada.
Cando estás obrigado a quedar, sentado na casa.
Cando todo o que poidas dicir,irá contra ti.
Cando a impotencia é a fin. 
 
Cando ter o peito rachado,e manda o silencio . 
Cando ollas a fóra pensando, que non estás dentro.
Cando sintes que todo acabou, antes de empezar. 
Cando estas cansado de loitar. 
 
Sobes-baixas, esquerda-dereita,
movemento que non deixa 
de envolverte por dentro e por fóra 
da maldita impotencia. (x2)
 
Cando as bágoas non manen dos ollos, 
porque xa estás secos. 
Nun momento podes dubidar, e non dar pelexa. 
Pero sempre terás que saber que podes cambiar, 
aquelo polo que queiras loitar. 
 
Sobes-baixas, esquerda-dereita,
movemento que non deixa 
de envolverte por dentro e por fóra 
da maldita impotencia. (x2)