Escola hip hop

Van chegando xa os alumnos ata a escola de Hip Hop.
Nenas, nenos é o que queren non queren saber de Pop.
Á primeira hora a materia é MC:
Colle un boli, escribe liñas,  para no micro cuspir.
Podes rapealo lento ou podes rapealo rápido.
Falar da túa tristeza ou do teu bo estado de ánimo.
Se podes sentir tamén podes improvisar, 
prova a rimar (iso que pola testa che está a pasar).
Á aula de scratching entre mesas e pratos,
facendo cortes limpos (trucos guapos).
Isto á segunda hora, na terceira ó ximnasio.
Na clase de Breakdance o mestre éche un armario.
O estilo do Mario, as voltas que dá o Fermín.
Din por aí que son estrelas, xa saen no Xabarín!.
Á cuarta toca graffiti, Ao Pepe quédanlle guai.
Plasma o bosquexo na parede coa súa arte en spray.
 
Escola Hip Hop Hip Hop. x4
 
Seica tódolos rapaces van facendo Beat Box,
para que esa peña vaia rimando co son.
Improvisación mentres alto corean Wo Wo!.
Woyza quere hoxe ouvir á nova xeración,
Unha escola que che ensina o que en outras non. 
Cando cantes por riba asubiaremos nós.
Sen vergoña, veña dálle, vai saíndo o Flow.
Sae de aquí  séndoche un pro todo que aquí estudou. 
 
Escola Hip Hop Hip Hop. x4