Ernesto Bo Día

Aquel domingo, Ernesto estaba convidado a merendar na casa da súa noiva Henriqueta. A cita era ás seis, nin un minuto antes, nin un minuto despois. Ernesto saíu da casa nunha tarde soleada, mentres Henriqueta, a irmá, a nai, o pai e a avoa preparaban a merenda. Levantouse unha brisa, caeron unhas pingas, choveu e ventou… mentres a familia da noiva, desacougada, non deixaba de mirar o reloxo porque Ernesto non daba chegado.