![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Era unha vez ... o corpo humano
Serie francesa de debuxos animados infantís con vocación didáctica e divulgativa. Pertence ao conxunto de series para a televisión "Érase unha vez... ". Foi creada por Albert Barillé nos estudos Procidis e estreada por Canal+ Francia a partir de xaneiro de 1987. Na súa produción colaboraron France 3, Canal+, a Société de raio-Canada e Radiotelevisión Española entre outras.
Nela explícanse, de forma sinxela e amena, diferentes eidos da anatomía, enfermidades ou, por exemplo, como se osixena o sangue ou como cicatriza unha ferida. Do mesmo xeito, explícase a importancia de determinados hábitos relacionados coa saúde como cepillar os dentes, facer deporte ou outros. A explicación realízase a través das aventuras de distintos personaxes que representan os distintos órganos, células, etc.

versión en portugués