Dime que fixeches


-Dime que fixeches e onde estiveches!
 
-Sentín o galo, que sempre está cantando. 
Sentín o galo, que sempre está cantando.
 
-E despois?
Dime que fixeches e onde estiveches!
 
-Fun ao río e bañeime co crocodilo.
Sentín o galo, que sempre está cantando.
Fun ao río e bañeime co crocodilo.
 
-E despois?
Dime que fixeches e onde estiveches!
 
-Ducheime co elefante, que é un pouco repugnante.
Sentín o galo, que sempre está cantando.
Fun ao río e bañeime co crocodilo.
Ducheime co elefante, que é un pouco repugnante.
 
-E despois?
Dime que fixeches e onde estiveches!
 
-Xoguei coa bolboreta, que nunca para quieta.
Sentín o galo, que sempre está cantando.
Fun ao río e bañeime co crocodilo.
Ducheime co elefante, que é un pouco repugnante.
Xoguei coa bolboreta, que nunca para quieta.
 
-E despois?
Dime que fixeches e onde estiveches!
 
-Toquei o "laud" coa miña amiga avestruz.
Sentín o galo, que sempre está cantando.
Fun ao río e bañeime co crocodilo.
Ducheime co elefante, que é un pouco repugnante.
Xoguei coa bolboreta, que nunca para quieta.
Toquei o "laud" coa miña amiga avestruz.
 
-E despois?
Dime que fixeches e onde estiveches!
 
-Falei coa cegoña que ten moita vergoña.
Sentín o galo, que sempre está cantando.
Fun ao río e bañeime co crocodilo.
Ducheime co elefante, que é un pouco repugnante.
Xoguei coa bolboreta, que nunca para quieta.
Toquei o "laud" coa miña amiga avestruz.
Falei coa cegoña que ten moita vergoña.
 
-E despois?
Dime que fixeches e onde estiveches!
 
-TOPEIME CON ANTÓN, QUE É UN PREGUNTÓN!!