Carmiña, Carmela

 
Ó son da miña gaitiña
as nenas hei de levar-e, 
as tontiñas sonche elas
que se deixan enganar-e.
 
Has bailar comigo,
Carmiña, Carmela,
con zapatos baixos,
e media de seda,
con media de seda
e media calada,
has bailar comigo,
miña namorada.
 
Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos ,
e as rapaciñas de agora
piden rapaciños guapos.
 
Has bailar comigo,
Carmiña, Carmela,
con zapatos baixos,
e media de seda,
con media de seda
e media calada,
has bailar comigo,
miña namorada.
 
Aí che vai meu corazón
Se o queres matar ben podes
Pero como ti vas dentro
Tamén, se ti o matas , morres.
 
Has bailar comigo,
Carmiña, Carmela,
con zapatos baixos,
e media de seda,
con media de seda
e media calada,
has bailar comigo,
miña namorada. (x3)