Bonito funeral

 
Son as palabras futuras condeas
irei con tino para escollelas.
Levo na lingua unha enciclopedia
de amores e guerras
 
O presidente goza no desastre 
acomplexado maldito farsante
O pobo non esquece nin perdoa
no xuízo da historia
 
Os seus lacaios son uns lacaceiros
malditas ratas nos están comendo
Cada defunto terá o seu enterro
nun féretro o goberno
 
Aquí estaremos 
sempre firmes en pé
resistindo ata vervos caer
 
Só desexamos ver o voso funeral 
no velatorio iremos a bailar
Só desexamos ver o voso funeral 
no velatorio iremos a bailar
 
Colonizados dades moito noxo
ides dun pau que non é o voso.
Tedes no armario a tenda de campaña
coa conciencia desclasada
 
Nova política, vellas falacias
é o sistema en estado de gracia.
En "Ciudadanos" queren se corruptos
e a infanta ser santa
 
A verborrea invade as nosas casas
telediarios coma teletendas
Televisada será a derrota
con cara de idiota
 
Aquí estaremos
sempre firmes en pé
resistindo ata vervos caer
 
Só desexamos ver o voso funeral 
no velatorio iremos a bailar
Só desexamos ver o voso funeral 
no velatorio iremos a bailar
 
Sodes vós contra nós
Sodes vós contra nós
 
Somos nós contra vós
Somos nós contra vós
 
Soio sentimos noxo 
coa vosa demencia.
Fartos de tanto necio 
e tanta prepotencia