Bertolina

Isto morreu.
Eu fun antonte segare a herba,
fun no tractor para pronto rematar,
e de repente un coio na leira
a rotativa me foi estragar.

Es moi moderno.
Eu fun na bertolina e non me pasou nada.
Acababas antes dando gadaña
Es moi moderno.
Eu fun na bertolina e non me pasou nada.
Ti dalle gas e verás como turra.

Sube na bertolina, sube!
(4)

- Pero ten coidado que non che arranque ó revés
coma a miña muller que despois hai que afogala.
-Que?
- A bertolina oh!, a bertolina.
- Ai
bueno!

Escoita neno, coidado cas pedras
e sobre todo coidado ó virar

que a bertolina é moi traicionera.
Se vas a veiga non vaias volcar.

E ti que pensas, que nunca collín a bertolina?,
na segadora estou cheo de andar.
Aínda fun á festa nela o outro día
por se facían soplar.


Por que non levas a arreglar a rotativa,
para que carallo a compraches, animal?,
e vamos todos no tractor como aquel día,
lévame ó prado a segar.


- Es moi moderna.
Eu fun na bertolina e non me pasou nada.

Acababas antes dando gadaña
Es moi moderna.
Eu fun na bertolina e non me pasou nada.
Ti dalle gas e verás como turra.


Sube na bertolina, sube! (4)

Vouna amañar!,
dame un minuto que lle poño un parafuso.
Non sexas bruto.
Se tes moita présa, fuma un puro.
Se ves que non chega, un canuto.
Será por falta de herba!
Paciencia, carallo!, pa-cien-cia.
Cantio máis tolo te poñas, máis me enredas, burro!.
Bueno, xa está, sube aí ó tractor e dalle gas.


- Eu non a vexo andar!
-Pero, ti es parvo ou paspán?.
Se non lle das a transmisión, como vai rular?
Da-lle-gas!.
 A ver!, ves ou non a ves andar?
-Vexo!
-Home e logo, non ves que estás tratando cun profesional! 


E ti que pensas, que nunca collín a bertolina?,
na segadora estou cheo de andar.
Aínda fun á festa nela o outro día
por se facían soplar.


Por que non levas a arreglar a rotativa,
para que carallo a compraches, animal?,
e vamos todos no tractor como aquel día,
lévame ó prado a segar.


A ver, oh!, que xa está amañada.

Es moi moderno.
Eu fun na bertolina e non me pasou nada.
Acababas antes dando gadaña
Es moi moderno.
Eu fun na bertolina e non me pasou nada.
Ti dalle gas e verás como turra.


Sube na bertolina, sube! (8)