Aí vén Pistón

Aí vén Pistón
o mangallón.
Aí vén Pistón
cambiando de piñón.
 
Xa está aquí
coma un mísil
coa súa bici cor vermella
que anda a mil.
 
Aí vén Pistón,
como un avión.
Aí vén Pistón,
voando sen motor.
 
Ei, Ei, Ei!
Este rapaz é un animal!
 
Botai para alá,
deixaime ver,
por alí sobe
o tractor do Bernabé.
 
Non vai frear,
vaise esnafrar.
Non quita ollo
da filla do Manuel.
 
(Aí vén Pistón)
Aí vén Pistón
o mangallón.
 
(Aí vén Pistón)
Aí vén Pistón
cambiando de piñón
 
Ai, Xesús!
Que desgraza vai haber!
 
Xa se escachou,
menudo chou,
alí quedou
coa cabeza nun bidón.
 
A dentadura
na terra dura
quedou chantada
como unha ferradura.
 
(Aí vén Pistón)
Aí ven Pistón
o mangallón.
 
(Aí vén Pistón)
Aí vén Pistón,
cambiando de piñón.
 
Ei, ei, ei!
Hai que mirar máis para o tractor!
 
(Aí vén Pistón)
Aí vén Pistón
no seu tractor.
 
(Aí vén Pistón)
Deixou a bici
para facerse labrador.
 
(Aí vén Pistón)
Xa non será
un campión.
 
(Aí vén Pistón)
E todo iso por non ver
para o tractor.
 
(Aí vén Pistón)
A filla do Manuel
cambioulle de paixón.