Aí ven o Maio

 
 
Ai ven o maio 
de flores cuberto 
Puxeronse a porta 
cantandome os nenos 
cos puchos furados 
pra min extendendo 
pedironme crocas 
dos meus castiñeiros 
 
Pasai rapaciños 
calados e quedos 
que o que e polo de hoxe 
que darvos non teño 
eu sonvos o probe 
do pobo galego 
pra min non hai maio 
pra min sempre e inverno 
 
Cando eu me atopare 
de donos liberto 
e o pan non mo quiten 
trabucos e préstemos 
e como os do abade 
frorezan meus eidos 
chegado haberá entonces 
o maio que eu quero 
 
Queredes castañas 
dos meus castiñeiros 
cantademe un maio 
sin bruxas nin demos 
un maio sin segas 
usuras nin preitos