A meiga chuchona

Lenda tradicional galega que conta a historia dunha muller á que lle van morrendo tódolos fillos, un tras outro, dun estraño mal que os deixa febles e enxoitos ata rematar con eles. A nai fai todo o que está da súa man, chama ao médico, ao cura, pero non lle dan cun remedio, ata que só lle queda con vida o máis cativo, que está a seguir os pasos dos irmáns. Xa coma derradeiro recurso a muller fala cunha vella, que lle mostra que está a sufrir mal de ollo; os seus fillos morren vítimas da fame voraz da meiga chuchona, e dalle as indicacións precisas para acabar con ela.