A lingua sabe a pan

 
 
Gústanos falar idiomas
inglés, francés e castelán,
pero temos lingua propia,
ninguén o pode negar.
 
Amasada a modiño
dende hai moito tempo atrás,
cocida a lume lento,
lista para o teu padal.
 
Este é o cole de Cea
onde a lingua sabe a pan.
Miña lingua galega
gústanos o teu falar.
 
Nos versos de Rosalía,
nos piñeiros de Pondal,
no folk de Fuxan Os Ventos,
no rock bravú e máis no rap.
 
Escóitase pola radio,
tamén na te-uve-gá,
pero bótase de menos
en moitos outros sitios máis.
 
Este é o cole de Cea
onde a lingua sabe a pan.
Miña lingua galega
gústanos o teu falar. (x2)
 
Este é o cole de Cea
onde a lingua sabe a pan.