A Internacional

 
En pé os escravos da terra,
en pé os que non teñen pan;
a nosa razón forte berra,
o triunfo chega en volcán.
 
Crebemos o xugo do pasado,
pobo de servos, ergue xa,
que o mundo vai ser transformado
e unha orde nova vai reinar.
 
Xuntémonos todos,
é a loita final,
o xénero humano
forma a Internacional. (bis)
 
O día que o triunfo alcancemos,
nin escravos, nin donos haberá,
os odios que o mundo envelenan,
o punto se extinguirán.
 
Para que nos devolvan o roubado,
para derrubar esta prisión,
batamos no lume sagrado,
ferreiros dun mundo mellor.
 
Xuntémonos todos,
é a loita final,
o xénero humano
forma a Internacional. (bis)