A grande viaxe

Un neno imaxina unha grande viaxe chea de prodixios: sucará o mundo, atravesará países en guerra, rescatará animais en perigo… para regresar convertido nun heroe. Pensamentos e soños que habitan a imaxinación do protagonista, permítenlle construír unha realidade e defenderse dela cando esta non o comprace. A viaxe, como metáfora da vida, conduce o protagonista a descubrir o mundo e tamén a si mesmo.