A costureira

 
 
Costureira bonita,
donde te-los teus vestidos? (x2)
 
Téñoos na hucha gardados, ai si,si, ai non
para poñer ós domingos.(x2)
 
Costureira bonita,
dime donde te-la cama.(x2)
 
No puleiro das galiñas, ai si,si, ai non
nunha presiña de pallas.(x2)
 
Costureira bonita
dime donde te-lo niño.(x2)
 
Nun carballo da Illana, ai si,si, ai non
no mais alto ramalliño.(x2)
 
Costureiriña bonita,
¿donde garda-los melindres?.(x2)
 
Téñoos na hucha gardados,  ai si,si, ai non
para comer ós domingos.(x2)
 
O amor da costureiriña
era papel e mollouse;(x2)
 
e agora costureiriña,  ai si,si, ai non
o teu amor acabouse.(x2)