A Carolina

 

.

A saia da Carolina ten un lagarto pintado;
Cando Carolina baila, o lagarto dalle ó rabo.
 
Bailaches Carolina? 
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor.

Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailaches Carolina?
 Bailei, si señor.
 
A Carolina é unha tola que todo fai ó revés;
Vístese pola cabeza e vístese polos pés.
 
Bailaches Carolina? 
Bailei, no cuartel
Dime con quen bailaches? 
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailaches Carolina? 
Bailei no cuartel.
 
O señor cura non baila porque ten unha coroa.
Baile señor cura baile,que Deus todo llo perdoa.
 
Bailaches Carolina? 
Bailei, a boa fe.
Dime con quen bailaches? 
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailaches Carolina? 
Bailei abofé.

No curro da Carolina non entra carro pechado
Na mais entra Carolina co seu cocho polo rabo.
 
Bailaches Carolina? 
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches? 
Bailei con meu amor.
Co teu amor Carolina, non volvas a Bailar
Porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar.
Moi mala de baixar.
Moi mala de baixar.
 
Bailaches Carolina? 
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches? 
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.