Xirarei

 
Canto máis te vexo máis me atroxo 
e co xeito do teu corpo 
vas facendo que me sinta 
máis coitado que un rapaz. 
 
Téñolle máis medo ós teus ollos 
feiticeiros que ó nubrado 
dunha noite de meigallos 
chea de agoiros do mar.
 
E pra namorarte 
Xirarei! 
 
Xirarei como a roda do muiño. 
Xirarei nas túas augas de muller. 
Xirarei un por un os teus camiños. 
pra namorarte xirarei e xirarei!. 
 
Xirarei como ti digas e queiras 
pra buscarche a beirada xirarei!.
 
E ben sei que coa miña toleira. 
Namorareite xirarei e xirarei! 
 
Eres como a pomba viaxeira 
que voando vas na feira 
das mentiras e verdades 
e non sabes onde vas. 
 
Canto máis te vexo máis me atroxo 
e co demo do teu corpo 
vas facendo que me sinta 
máis coitado que un rapaz. 
 
E pra namorarte 
Xirarei! 
 
Xirarei como a roda do muiño. 
Xirarei nas túas augas de muller.
Xirarei un por un os teus camiños. 
pra namorarte xirarei e xirarei!. 
 
Xirarei como ti digas e queiras 
pra buscarche a beirada xirarei! 
 
E ben sei que coa miña toleira. 
Namorareite xirarei e xirarei! 
 
Xirarei como a roda do muiño. 
Xirarei nas túas augas de muller. 
Xirarei un por un os teus camiños. 
pra namorarte xirarei e xirarei! 
pra namorarte xirarei e xirarei!.