O soldadiño de chumbo

                   Curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde.                           Adaptación animada do conto clásico. A historia, baseada no coñecido conto de Hans Christian Andersen, ten como escenario o Museo do Xoguete de Allariz e incorpora nesta versión revisada personaxes de tradición galega como son o Cigarrón e a Castañeira.