O SAPO E O RAPOSO

Baseada nun conto tradicional galego, esta fita foi producida polo Xabarin club da TVG para apoiar a campaña do Patrimonio Inmaterial Galego na UNESCO. Conta a historia do sapo listo que retou ao raposo fachendoso nunha carreira para demostrarlle que é máis rápido.