O sacaúntos

Nito era un cocho non coche
cun grande trauma de peso,
Nito xa non sae da casa
co seu exceso de graxa.
 
Nito era un cocho famoso
cun presunto exceso de unto,
Nito era un cocho obeso
e sen un músculo teso.
 
Teño unto, teño graxa,
non quero saír da casa,
teño unto, teño graxa,
teño que facer ximnasia.
 
Para evitar a gordura
non come máis lavadura.
agora só come verdura
e sopas de landra madura.
 
Nito era un concho convexo:
"No espello xa non me vexo!".
No conchón facía o posible
por ter un corpo invisible.
 
Teño unto, teño graxa,
non quero saír da casa,
teño unto, teño graxa,
teño que facer ximnasia.
 
Foi onde os sacaúntos:
"faime unha liposucción,
hasmo de sacar todo xunto
coa túa grande invención".
 
Tanta graxa da pel sacou
que con pinta de miñoca quedou.
Agora que ten anorexia
traballa na papiroflexia.
 
Teño unto, teño graxa,
non quero saír da casa,
teño unto, teño graxa,
teño que facer ximnasia.
 
Graxa, graxa, unto, graxa,
graxa, graxa, unto, graxa...