O pintor de ceos

Dende a escuridade duns acantilados perdidos, un pintor maníaco, marcado polo seu pasado tráxico e o seu fiel axudante, investigan incansables a busca dun remedio contra as incesantes tempestades. O mar e os anos van devorando pouco a pouco a casa na que habitan, onde roxe unha caldeira encantada e revoan fantasmas atormentados.