Estou na lavadora

Hai moito tempo que estou metido aquí
e empezo xa a estar farto porque non podo saír.
Hai moito tempo que estou aquí metido
e empezo xa a estar farto porque estou moi aburrido.
 
Estou na lavadora, estou na lavadora,
estou na lavadora, estou na lavadora
Ah, ah! Sacaime pronto de aquí!
 
Á miña nai tamén foron chamar para que viñera
con un sacho para poderme sacar.
E ao meu pai tamén o foron avisar para que viñera coa escopeta
para poderme sacar.
 
Estou na lavadora, estou na lavadora,
estou na lavadora, estou na lavadora
Ah, ah! Sacaime pronto de aquí!
 
Estou aquí, non podo saír,
por favor, vinde acudir!
Estou aquí, non podo escapar,
por favor, víndeme salvar!
 
Teño medo de afogar, xa me empezo a centrifugar.
Que vai ser de min? Sacaime pronto de aquí!
 
Estou na lavadora, estou na lavadora,
estou na lavadora, estou na lavadora
Ah, ah! Sacaime pronto de aquí!