Capitán Araña

Chantado no pupitre
cos ollos na pizarra,
pensando nas tuas cousas
e poñendo boa cara.
 
Aturando ó compañeiro
que che tira pelotiñas,
e agardando que a campá
te levante da silla.
 
Mirando no reloxo
que os minutos non pasan.
Aturando a sonnolencia
e ó mestre que non cala.
Pensando na merenda,
argallando diversión.
desexando bailar pógo
oíndo díscos de hard-core,
 
Lamentando que no mundo
xa non interesan
máis que as cousas aburridas
con que che inchan a cabeza.
Miras para a ventá desesperado
e ves incrédulo
Que ven alguén voando.
 
Capitán Araña (5)
 
Chegou o defensor da rapazada.
Cada cinco días de escola
só un no que se traballa.
Acabáronse os deberes
que tes que facer na casa.
Filmes de aventuras,
deseños animados,
comix super heroes
e xogos inventados.
 
Capitán araña (2)
 
Comenzade a fedellar
xa con novo compañeiro,
amigo de Xabarín,
de Paulino e de Toxeiro.
Só ou con outros
compañeiros da tua panda.
Preparaivos a flipar
co Capitán araña.
 
Capitán araña (4)
 
Chegou o defensor da rapazada.