Cantiga de berce

 

Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando
Que a terra na que vives,
non quer bágoas,
precisa homes inteiros,
pra liberala.
Durme meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
Semente feita en sangue
por un pobo
que xurde dende a hestoria, 
dende un sono.
Un sono cheo de aldraxe
e miserento,
un sono cheo de inxusticias 
e silencio.
Mira a língoa que falo
despreciada 
por ser língoa de probes,
língoa escrava.
Son o orgullo que temos,
língoa de probes.
Só neles hai verdades
e máis honores.