3 Kg

Cada certo tempo os galos que superan os tres quilogramos de peso son levados á cidade. Máximo é un veterán que sabe que marchar significa ser sacrificado para converterse nun xantar dos humanos. Maxi é outro galo, afortunado, por non superar os tres quilos. Ambos serán devoltos á granxa para engordaren. Máximo terá que explicarle a Maxi como facer para non ser sacrificado.