100% animal

Con esta cara de can
e este corpo de xoubiña de lata;
con estes dentes de león
e as pernichas de galiña fraca.
 
Cabelos de cabalo bravo,
fociño de raposa e ca de miñoca;
vinte uñas de percebe,
entre pulpo, choco e a miña coca.
 
Cen por cen animal,
cen por cen animal,
a xente ten que falar de min
iso é ben natural.
 
Foi este peito de lobo,
ou estes olliños como de peixe sapo
eu non me chamo, chámanme,
o animal que foi feito de anacos.
 
Cen por cen animal,
cen por cen animal,
a xente ten que falar de min
iso é ben natural.
 
Cen por cen animal,
cen por cen animal,
a xente ten que ouvir falar de min
iso é ben natural.
 
A xente ten que falar de min
iso é ben natural.