A revolta dos mouses

Este filme trasládanos a un campo de batalla imaxinario no que se enfrontan "ratos" de ordenador, contra os tradicionais lapis, gomas, e afialapis de toda a vida. Ao final todo se vai mudar nunha disparatada parodia acerca de como a tecnoloxía actual, da man da publicidade, nos está a invadir de tal xeito na nosa sociedade, que xa ninguén poderá detela. O pasado e o futuro loitan polo presente.